25N, Día Internacional da Violencia de Xénero

Manifesto do IES de Vilalonga

No marco das actividades realizadas con motivo do Día Internacional contra a Violencia Machista, o IES de Vilalonga suma a súa voz ás concentracións que teñen lugar hoxe en outros tantos centros de ensino do país, en rexeitamento contra a barbarie que representa a violencia machista.

A ONU recoñece a violencia contra as mulleres como unha manifestación das relacións de poder históricamente desiguais entre homes e mulleres e que impide a igualdade plena das mulleres, sinalando á violencia como un dos mecanismos que mantén esta situación de subordinación.

Según estadísticas oficiais un 75% das mulleres e nenas do mundo son vítimas da violencia física ou sexual no transcurso das súas vidas. En España foron asesinadas máis de 1400 mulleres dende 1995 e só neste ano houbo 89 feminicidios, 45 según o reconto oficial. Estes casos representan só a punta do iceberg posto que existe moitos fogares onde a violencia é o comportamento habitual. Ademáis, nos últimos 10 anos 83 menores foron asesinados polos seus pais, 8 nenase 2 nenos no que vai de ano.

O alumando e profesorado que hoxe nos damos cita aquí queremos manifestar o noso apoio e solidariedade coas familias das mulleres asesinadas e o noso compromiso para loitar por unha sociedade verdadeiramente xusta e igualitaria na que as mulleres teñamos recoñecidos, dunha forma efectiva e real, os mesmos dereitos dos que gozan os homes.

Convencidas de querer derrubar o muro do machismo, esiximos:

  • Non silenciar as múltiples manifestacións da violencia machista que sufrímos a cotío polo simple feito de ter nacido muller: A discriminación laboral, a dobre xornada, o acoso sexual na rúa, os estereotipos e bromas sexistas... son tamén formas de machismo que vulneran os nosos dereitos a unha vida libre de violencia e discriminación.
  • Queremos leis igualitarias, orzamentos transversais e propostas educativas que aborden todas as formas de violencia machista.
  • Queremos unha educación coeducadora en valores igualitarios e respectuosos coas diversidades, que garanta o empoderamento das nenas e nenos para poder establecer relacións de xénero baseadas no respeto mútuo e a non violencia.
  • Queremos todos os espazos: que o patio, a rúa e a noite, sexan tamén espazos nos que nos sintamos libres e seguras.
  • Queremos os mesmos dereitos que os homes. Queremos o que nos corresponde. Nós, as mulleres, somos máis da metade da poboación.
  • Queremos que os gobernos, poñan os medios necesarios para loitar contra a vulneración dos dereitos humanos das mulleres e das nenas. Queremos que se implementen medidas eficaces contra o patriarcado feroz que se move ás súas anchas.
  • Queremos que os xuíces, se formen en materia de igualdade porque impunemente aplican leis contra as vítimas en lugar de penalizar aos agresores.
  • Queremos que os medios de comunicación non trasladen unha imaxe sexualizada de nós, as mulleres e as nenas, porque nos invisibilizan, porque sacan réditos económicos da publicidade sexista e da explotación sexual.
  • Queremos que a sociedade non mire para outro lado e que rexeite contundentemente todas as manifestacións de violencia machista.
  • Queremos que os centos de asasinatos de mulleres non queden nunha estatística cruel, senón que ten se poña en práctica todos os medios de educación e prevención que poñan fin aos feminicidios.
  • Queremos deixar de escoitar cancións sexistas que nos cosifican e nos denigran dende que somos nenas.
  • Queremos erradicar para sempre a violencia das nosas vidas.
  • Queremos unha sociedade democrática que non manteña nin consinta ningunha forma de violencia.
  • Queremos dicir alto e claro que somos feministas, porque ansiamos unha sociedade igualitaria, queremos vivir nun mundo libre de estereotipos de xénero e de machismo.
  • Queremos estar nun instituto no que o seu alumnado e profesorado se forme dende unha perspectiva de xénero e se esforce por re-educarse dende o trato igualitario e respectuoso para con nós, as alumas e as profesoras deste centro.

Somos unha xeración activa e concienciada, disposta a maternos unidas, diversas e combativas ata acadar a igualdade efectiva e real.

Farémolo porque o Feminismo veu para quedarse e nós, esta nova xeración que somos todas e todos nós, seremos quen de derrubar o muro do machismo.

En Vilalonga, de novembro de 2018 

© 2019/20. IES de Vilalonga - Sanxenxo (Pontevedra), 36990
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar