SON COMO QUERO

medrando sen estereotipos de xénero

Proxecto educativo 2019-20

Comezamos o novo curso con 39 alumnos e alumnas dispostos a participar no proxecto educativo Son como quero, medrando sen estereotipos de xénero, que busca desenvolver as habilidades relacionadas coa procura, tratamento e valoración crítica dos estereotipos de xénero no século XXI, así como as dinámicas enfocadas ao traballo colaborativo que favoreceza a convivencia positiva no espazo escolar. Acórdase con varios departamentos  do centro o tratamento transversal das actividades propostas e das que iremos dando difusión así como as vaiamos realizando, o que permitirá a abordaxe integral, dende o tratamento da educación emocional, das habilidades sociais e comunicativas e de todos aqueles elementos necesarios para saber convivir e relacionarse, tal e como contempla o currículo da materia Igualdade de Xénero de 2º ESO.

© 2019/20. IES de Vilalonga - Sanxenxo (Pontevedra), 36990
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar