Primeiro premio 25N curso 2019/20

Non podíamos empezar mello o curso. Hoxe soubemos que o somos o IES gañador do 1º Premio do concurso convocado pola Xunta de Galicia con motivo del 25N, "Día Internacional Contra a Violencia de Xénero", na modalidade audiovisual. Estamos contentísimxs!

O vídeo que fixemos leva por título  "Dálle unha volta" xa que para a mellor identificación e comprensión daqueles comportamentos e actitudes machistas no grupo de idade do noso alumnado, propúxose "dárlle a volta" a aquelas situacións cotiás nas que se reproducen estereotipos e roles tradicionalmente asociacidos ao xénero, para que pudieran ser fácilmente recoñecibles: situacións paternalistas,  controladoras, invisibilizadoras e violentas.

Desde xeito representáronse distintas situacións cotiás nas que as alumnas e alumnos fixeron o exercicio de poñer en práctica a empatía necesaria para experimentar como se sinten as mulleres nas situacións recreadas, o que persegue un dobre obxectivo: empoderar ás alumnas a participar, exercer liderazgos e, en definitiva, consolidar os seus dereitos á cidadanía; e implicar aos alumnos no seu papel de aliados do feminismo como garantes do camiño cara a igualdade real.

O xurado composto polos integrantes da Comisión asesora de publicidade non sexista, a Secretaría Xeral da Igualdade, e a Consellería de Educación recoñece o noso esforzo e entregaranos o premio o día 25 día en Compostela. 

Velaquí o resultado, agardamos que vos guste!

Entrega dos premios

© 2019/20. IES de Vilalonga - Sanxenxo (Pontevedra), 36990
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar