14 de febreiro diverso e igualitario

Con motivo do 14 de febreiro, día dxs nomoradxs, o alumnado da materia de Igualdade de Xénero de 2º da ESO estivo a elaborar uns cartaces a favor das relacións afectivas baseadas no respecto e na igualdade, rachando cos mitos do amor romántico que constitúen a base de moitas das formas de violencia machista que vivimos as mulleres.

Ademáis, dende o Grupo de apoio ao alumnado LGTBI do noso centro, apostamos por transformar a maneira en que a sociedade ve e trata ás persoas LGTBI pois segue a suponer un gran desafío, especialmente fronte a crenzas relixiosas e culturais profundamente arraigadas. Como podemos comprobar a diario... non todo está conseguido. É por iso que ante actitudes de non aceptación da diferenza por parte duns poucos, debemos seguir loitando pola visibilización sen complexos, a tolerancia, o respecto, a solidariedade e tamén por todas as formas de amor diverso. Velaquí tendes a nosa contribución a prol dunha sociedade máis xusta e respectuosa coa diversidade: 

14 de febreiro

curso 2019/20


© 2019/20. IES de Vilalonga - Sanxenxo (Pontevedra), 36990
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar