Igualdade de xénero, curso 2018/19

Esta é a primeira promoción da materia Igualdade de xénero, tres rapaces e unha ducia máis de rapazas que medraron dende o entusiasmo e a participación activa na abordaxe do feminismo, a partir de catro grupos temáticos:
- A construción social das identidades sexuais e de xénero.
- As relacións de xénero e afectividade.
- Da discriminación á igualdade de oportunidades.
- Cara unha sociedade sen violencias machistas.
Dende o tratamento destes aspectos, preténdese decosntruir e desenmascarar os erros transmitidos dende a infancia e os elementos clave para fomentar a igualdade, a coeducación e a prevención da violencia de xénero, imprescindibles para posibilitar o logro dun mundo igual en dereitos e oportunidades para mulleres e homes.
Velaquí a nosa primeira miguiña.